A Graña De Cabanelas

Municipio de Forcarei, Pontevedra

¿Conoces A Graña De Cabanelas, vives aquí o has estado alguna vez?

Háblanos de él y envía tus fotos.

Envía tus comentarios y fotos

Comentarios

Acabo de leer que na actualidade na Graña de Cabanelas viven 28 persoas,pareceme unha cifra interesante, si temos en conta a tremenda despoboación do rural galego. Cando eu era un rapaz, na Graña había 18 casas, e estimo ( polo baixo ) que con unha media de tres persoas por casa, o cal nos mostra con craridade a perdida aludida.A Graña e unha aldea moi fermosa , para min a mais bonita do mundo, está ubicada equidistante, formando un trangulo, con Quintillán e Liripio,nucleos de poboación mais importantes nos cales solian buscar parexa os mozos da Graña.Antiguamente na aldea había varios arrieiros, algun cereiro e varios canteiros, estos oficios exercianos compaxinados coa labranza; por outra parte en moitas das casa tiñan teares para doutarse das prendas de abrigo.Na decada de 1940 xa tiña a aldea a sua "fábrica da luz " ( cando en moitas zonas próximas a vilas importantes inda andaban co candil). En fin que, dentro de unha autarquía económica rural, a Graña sobresaleu por ter xentes moi emprendedoras.

Por JUan Antonio Loureiro Vazquez
13 de marzo de 2016